Venres, 10 de xullo.
Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Recibo por whatsapp unha mensaxe titulada así: "El experimento falló: 6 países vuelven a los libros impresos". Busquei a fonte da noticia, e curiosamente, só a atopei en Facebook, LinKedIn, Instagram e TikTok.
Pois foi Suecia o primeiro país en reintroducir o libro físico. Na terra de Spotify, o novo goberno de dereitas promoveu á volta ao analóxico:
"Ler libros reais e escribir en papel real, e contar con números reais sobre papel real, é moito mellor se queres que os nenos adquiran o coñecemento que precisan".
Sen estudos científicos que avalen isto, preocupados por recolcar a Suecia nos primeiros postos do informe PISA, xa que atribúen ao dixital o seu descenso. Mentres, Singapur, Macao, Xapón ou Corea, líderes en PISA, manteñen sistemas educativos onde conviven dixital e analóxico.
Cando foi a última vez que utilizaches libros físicos para aprender algo?
Gutenberg utilizaría hoxe Claude?