This is episode 90 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on July 1, 2026.
Transcript
Mércores, 1 de xullo.
Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Estamos no primeiro día da segunda metade do ano. Si, temos seis meses de 2026 por diante.
Respírase esa sensación de inicio. Como cando é 1 de xaneiro,nou como cando un mes comeza en luns. Temos a oportunidade de abrir un caderno novo, en branco, sobre o que pór o punto de partida a todo iso que queremos vivir.
Só facía falta a escusa e que mellor que o primeiro día do medio ano 2026.
Vou tentar de non deixarme levar polas calor do verán, polo cambio de hábitos desta época, polos días de luz tan longos que parece que non teñen fin.
Non vou esperar ao 1 de setembro. Que mellor que hoxe para celebrar que, cando temos 6 meses para que chegue fin de ano, é o primeiro día do resto da miña vida (e da túa)