This is episode 80 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on June 20, 2026.
Transcript
Sábado, 20 de xuño.
Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Acompáñame neste exercicio para coñecerse e ir mellorando.
En principio é fácil, aínda que non tan doado de realizar.
De material só precisamos un pequeno caderno, ou o teu móbil. Hai que anotar. O obxectivo é marcar diariamente a reposta a estas preguntas: Enfádaste menos? Quéixaste menos? Importate menos a opinión dos demais? Só foi falta poñer unha cruz ou indicar o número: hoxe enfadeime 3 veces.
A dificultade, cada vez que nos enfademos, nos queixemos ou nos alteremos, apuntalo. Imos facelo cada día. Se nos esquecemos non pasa nada. Continúo o día seguinte.
O que non se mide non se pode mellorar. En setembro falamos. Se comprobamos que nos enfadamos menos, que nos queixamos menos e que nos alterou menos as opinións dos demais, entón é que estamos a vivir mellor. Sorte con este exercicio.