PrestoCast

Your voice, your podcast

Acceder Telegram WhatsApp iOS Android
Send a voice note
From Telegram, WhatsApp or the web.
It becomes a podcast
With an RSS feed ready to distribute.
Listen anywhere
From Apple Podcasts, Spotify or any app.

Learn more about PrestoCast

Conxecturas by José Antonio Martínez

José Antonio M… PRO

@joseantonio
126 episodes · 40 followers · 101 following

Opinións ou xuízos formados sobre meros indicios ou aparencias, sen un fundamento certo.

Redondela

José Antonio M… PRO

@joseantonio
126 episodes · 40 followers · 101 following
Redondela

Opinións ou xuízos formados sobre meros indicios ou aparencias, sen un fundamento certo.

78. Total, para que? @expattere

2026-06-19

Transcript

Venres, último día de xornada lectiva, 19 de xuño. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Esta semana, durante varios días, acabei todos os prestos que sigo, até o punto de que entraba a media tarde e non tiña nada coñecido que escoitar. Non se me deu tampouco por descubrir prestos novos. Contaba onte, despois de moito tempo sen publicar, @expattere, "Total, ¿para qué?" E dinos que non publica desde hai máis dun mes non porque non tivese nada que contar, senón polo que denomina unha sensación tonta de "total, para que". Pois a verdade é que me gusta escoitar a súa voz e as súas historias, coa chuvia de fondo, en 49N 2W, un sitio onde realmente existe a roupa de entretempo e que nos leva a un territorio que parece inventado. Alégrame que outros prestocasters, que sigo diariamente, @galegogeek, @jeanbedel e @dmarzal comentasen este presto, que non sei se responde á pregunta do presto, mais que demostran que o que Teresa comenta resoa coma son das ondas dun día de inverno na Canle da Mancha (dígoo polas películas, xa que nunca estiven alí).
Conxecturas · Episode 79

Comments (0)

No comments yet. Be the first!
Explorar