Es de quen escapas da programación televisiva e aínda máis en período electoral?
Sábado, 14 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Veño compartir unha serie. Slow Horses, para min a mellor serie de espías dos últimos anos. Seguro que ti estarás pensando noutra, mais para min é esta. Por que me parece tan boa? A premisa, tan orixinal, dese grupo de espías de segunda, cada un coas súas particularidades. Polo elenco de actrices e actores, comezando por Gary Oldman. As novas incorporacións ao longo das 6 tempadas non decepcionan.
E polo guion. Paréceme difícil manter o interese 6 tempadas, e o consiguen. Aínda que nesta última semella que un guionista de Xogo de Tronos participara na creación da trama, porque a violencia e os xiros argumentais sorprenden.
Tes sorte se aínda non a viches. Vaite gustar.