This is episode 151 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on November 4, 2026.
Transcript
Es de quen cres que un traballo fixo faría á xente máis libre?
Mércores, 4 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
A precariedade laboral coarta en moitos casos o exercicio de dereitos fundamentais das persoas. Non é que quen se mova non sae na foto, como dicía Alfonso Guerra para falar da realidade dos partidos políticos, senón que quen fale, non digo proteste, ou que simplemente faga unha pregunta pode ver a súa estabilidade económica moi comprometida.
Calquera pensaría que os traballadores da Función Pública, con traballo e salario asegurado, serían máis activos na defensa da calidade dos servizos públicos nos que están a traballar, sen tanta reverencia ao cargo político de turno, ou das súas propias condicións laborais. E hainos que si. Deberiamos estarmos obrigados a un compromiso activo polo público coma resposta á nosa estabilidade laboral?