This is episode 149 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on October 30, 2026.
Transcript
Es de quen cres que desvirtualizar é mellor que imaxinar?
Venres, 30 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Sábado, 9:45 da mañá. Catro podcasters almorzando nunha cafetaría da Coruña. Inconfundibles (as fotos das redes sociais axudan). Ao saudármos e ao escoitar as súas voces, teletransporteime á gravación dun dos episodios de "Los Últimos de Feedlipinas". (xa tardas se non o coñeces)
A maxia do podcasting. E iso que faltaba o micro enriba da mesa (sairía máis tarde). Con Agustín, Julián, Hell e David Tella daba comezo á miña paticipación a Larpeiradas&Podcast. Grazas aos "coruñeses" David Freire, Juan Ortiz e Agustín pola organización e a acollida. Grazas pola oportunidade de coñecer podcaster old-school e a prestocaster como Xavi, da Palabra do Día. Mágoa que non puidera ficar todo o día.
Necesario. Motivante. Acolledor. Se tedes a oportunidade de pasar por un destes encontros, aproveitade.