This is episode 147 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on October 28, 2026.
Transcript
Es de quen cre que Prestocast aporta algo singular ao mundo do podcasting?
Mércores, 28 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Non hai nada que lle guste máis a un podcaster que falar de podcating, como repite Emílcar, o espírito santo do podcating, en palabras de @jeanbedel. Emílcar, prestocaster desde a fase beta e o que ten máis seguidores despois de @joanboluda, é de quen abrazaron con paixón ribereña o fin da limitación temporal para os prestocasters pro, xa que dos últimos catro prestos tres superan con moito eses 60 segundos.
Malia ter a posibilidade de facer o mesmo, penso que o reto que me supón condensar as miñas conxecturas en tan pouco espazo de tempo, non é tanto unha limitación senón un desafío que me anima a continuar. E tamén me gusta escoitar esa sucesión de voces diversas, que me aportan pequenas pílulas nun ritmo de 60 por hora.
Prestocast: o speed-dating do podcasting. Iso si!: sen o toque romántico.