This is episode 143 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on October 21, 2026.
Transcript
Es de quen pasa o tempo vendo vídeos de TikTok?
Mércores, 21 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Non teño Tiktok. Por sorte, porque perdería moito tempo entre vídeos verticais. Ou faría o meu día, coma din eles.
Hoxe sorprendeume unha rapaza que me comentou que estaba contenta porque onte aprendera a facer patacas no microondas. Estaban ricas. Non sei que de envolvela nun papel, metelas no micro e non sei que máis. Pregunteille que onde o vira, e, por suposto, fora en TikTok. Confía nos seus contidos. Funcionan!, como estas patacas.
Onte me falaba miña filla sobre unha serie de incribles e rídiculos vídeos de Tiktokers, que lle apareceran no seu timelime. Defendían o ideario político da extrema dereita patria. Pero como alguén pode publicar iso, dicíame. Até defendían quitarlle o voto ás mulleres!
TikTok: onde a pataca e a política danse a man. Alguén se lembra xa que Donald Trump quixo pechalo en Estados Unidos? Que tempos vivimos!