PrestoCast

Your voice, your podcast

Acceder Telegram WhatsApp iOS Android
Send a voice note
From Telegram, WhatsApp or the web.
It becomes a podcast
With an RSS feed ready to distribute.
Listen anywhere
From Apple Podcasts, Spotify or any app.

Learn more about PrestoCast

Conxecturas by José Antonio Martínez

José Antonio M… PRO

@joseantonio
156 episodes · 46 followers · 110 following

Opinións ou xuízos formados sobre meros indicios ou aparencias, sen un fundamento certo.

Redondela

José Antonio M… PRO

@joseantonio
156 episodes · 46 followers · 110 following
Redondela

Opinións ou xuízos formados sobre meros indicios ou aparencias, sen un fundamento certo.

141. A IA e a experiencia relixiosa (Enrique Iglesias)

2026-10-20

Description

"Nesta era da intelixencia artificial, convértese en urxente distinguir a arte humana do que producen as máquinas. Hai unha diferenza ontolóxica, mesmo antes dunha de orde estética, entre a arte e o que unha máquina pode xerar mediante cálculo estatístico baseado en millóns de imaxes creadas por outros. Ás máquinas lles falta a chispa da humanidade. Por esta razón, a Igrexa desexa renovar unha alianza cos artistas e coas institucións culturais para salvaguardar a nosa humanidade" https://thegrowtheq.com/the-pope-is-right-in-defense-of-human-excellence/ https://www.youtube.com/watch?v=3DV57Y4tEAM

Transcript

Es de quen cre que Enrique Iglesias é un máquina? Martes, 20 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Resulta que un tempo atrás tivo lugar un encontro entre uns executivos de Anthropic con destacados líderes relixiosos mundiais. A idea: presentarlles as vontades da intelixencia artificial e mesmo convencelos de que esta tiña alma. Que máis acaído a esta xuntanza que unha banda sonora con Enrique Iglesias cantando o seu "Es casi una experiencia relixiosa". Que mellor cantadas as bondades da IA que a letra desta peza, anticipada ao seu tempo: "Cada vez que estoy contigo, yo descubro el infinito", ou "contigo en cada instante en cada cosa"; Lei XIII, o Papa, moi interesado nestes temas, non se deixa levar polo canto das sereas das empresas tecnolóxicas. Déixovos na descrición do episodio o que escribiu, mais que se resume en que "ás maquinas lle falta a chispa da humanidade". E ti de quen ves sendo? Do Papa ou de Enrique? :"Cada vez que estoy contigo, ya no hay sombra ni peligro, las horas pasan, mejor entre tus brazos, me siento nuevo, ya a nada le hago caso."
Conxecturas · Episode 142

Comments (0)

No comments yet. Be the first!
Explorar