This is episode 134 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on October 6, 2026.
Transcript
Es de quen desconfía das normas?
Martes, 6 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Para que queremos normas? Son necesarias para vivir en comunidade? Xogan un papel , sempre que se baseen na xustiza e no ben común, e que axuden a limitar a arbitrariedade e a explotación dos poderosos. É curioso que no s. IV, persoas que buscaban a Deus e se retiraron a vivir en comunidade, asumisen que aquela experiencia colectiva só podía properar dotándose nunhas normas comúns. Así nacía o monacato cristiá. Mais tamén é certo que Henry David Thoreau, a mediados do s. XIX tamén se retirou ao medio da natureza e na súa obra Walden rexeitaba as normas sociais, non por seren malas en si, senón porque entendía que o ser humano non podía ceder a súa vontade a ningunha autoridade exterior. Son visións contraditarias ou complementarias?