This is episode 129 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on September 25, 2026.
Transcript
Es de quen aposta pola igualdade?
Venres, 25 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Dous partidos políticos do Parlamento galego chegaron a un acordo sen precedentes. Buscan a igualdade dentro do sistema de ensino. A principal novidade é que, fronte ao veto actual, as mulleres docentes poderán dar clase nas materias de Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química. Iso si, teñen que ser todas, ademais de obrigar automaticamente que Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza e Bioloxía sexan dadas por homes. E isto en todos os niveis do centro. Non se deixa a opción dunha permuta libre por materias nin tampouco por cursos.
Obxectivo: asegurar un reparto do 50 % do horario lectivo entre mulleres e homes.
Distópico non. Substituíde mulleres e homes, por galego e castelán. Benvidos a proposta de Plan Xeral de Normalización Lingüística de Galicia.