Es de quen te costa ser constante?
Mércores, 23 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Traio dous prestos de onte, o de Lara Capeáns, Constancia vs espontaneidade e o de julián @jeanbedel, sobre os deadlines.
Non me considero para nada unha persoa constante, mais estas conxecturas, ao modo de presto quasi diario laboralmente, axúdanme neste camiño. Optar pola esponteinade, pola busca da idea xenial, suporía a práctica desaparición deste presto, como de moitas outras cousas na miña vida. Unha vez gravado e publicado, o calendario marca 24 horas até o próximo vencemento, porque a vida non para, e como di Julián, está chea de deadlines.
Respondendo a Lara, na dicotomía entre constancia e espontaneidade, busco un minuto cada 24 horas, aínda que así haxa o risco de que aburra e que me aburra coma unha ostra.
E aproveita a constancia de comunicadores tan bos coma eles, co seu Voz en Movimiento e Prestobedel.