This is episode 121 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on September 10, 2026.
Transcript
Es dos que WhatsAppea a todas horas?
Xoves, 10 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
O WhatsApp é moi práctico, mais hai algo que non me deixa cómodo. Acabo de quedar para ir tomar algo. Aquí, alí, Ok. Perfecto. Cumpre o seu labor social. Máis cando as interaccións sobrepasan os tres ou catro intercambios, cando o texto se alonga, que mellor que utilizar o teléfono para falar coa outra persoa. E os audio de voz, que converten as conversas en monólogos?
Confúndese con facilidade os diferentes ámbitos, do persoal ao profesional, xerando problemas innecesarios. É só unha pequena consulta! É unicamente un recordatorio para mañá! Quedar con amigos non pode ser a mesma canle de comunicación que compartir algo co teu xefe.
Lembreime disto mentres escoitaba como no CNI tamén usan esta mensaxería instantánea. Cousas que pasan!