This is episode 120 of the podcast Conxecturas by joseantonio, published on September 9, 2026.
Transcript
Estás intentando aprender algo novo?
Mércores, 9 de setembro. Primeiro día do curso nos niveis non universitarios. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Os analfabetos do s. XXI non serán aqueles que non saiban ler e escribir, senón aqueles que non aprendan a aprender, desaprender e reaprender.
Alvin Toffler escribía isto, en 1970. e máis de medio século despois aínda nos está a interpelar.
Relaciónoo cun concepto que sempre interpretei mal, o da tabula rasa, Cría que Aristóteles defendía que a nosa mente nace "rasa" e co tempo vaise formando o coñecemento. Mais estas táboas estaban recubertas de cera, e raspábanse e alisábanse para volver escribir nelas. Primeiro había que eliminar e logo, unha vez lisa, estaba apta para volver ser escrita.
Nada parte de cero. E o proceso de desaprender é o que realmente supón o reto. "Ninguén nace aprendido", di o refrán. Mais son os falsos coñecementos os que condicionan a nosa aprendizaxe.