Ti es máis de praia ou de montaña?
Martes, 8 de setembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Onte paseaba pola praia dunha cidade que se publicita como "vivimos nunha cidade marabillosa", e moita xente, moita, aproveitaba a calor de setembro como se fose xullo, gozando da praia, co verán convertido nun estado de ánimo.
E comprobei unha reflexión que a miña muller me fixera hai tempo. Poucas actividades existen que nos permitan convivir coma sociedade, que gozar, independentemente da clase social, de deitarse ao sol, construír castelos de area, darlle unhas patadas ao balón ou xogar coas palas e, por suposto, darse un baño.
España ten como característico o dominio público da costa e o acceso libre e servizos gratuítos nos nosos areais. Nun mundo onde se está a privatizar todo, gocemos e defendamos este espazo público de convivencia, aínda que ti sexas máis de montaña.