Xa te apuntaches no ximnasio? Que novo hábito vas pór en práctica?
Martes, 1 de setembro. O segundo día de inicio de ano.
Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
O 1 de setembro é un novo inicio, un novo curso, aínda que non sexas estudante, unha nova oportunidade, unha nova vida. Axúdame a non me quedar bloqueado ante este reto que nos autoimpomos, ou a que dentro dunha semana xa non nos lembremos de ningún dos nosos propósitos.
Tráioche dous libros. Pero se eu o quero é comezar xa, pórme en marcha! Eu tamén. Mais pensa, que pasou o 1 de setembro do ano pasado, do ano anterior ou do outro? Canto dos teus propósitos se convertiron nunha realidade?
Se podes, le "Cuatro mil semnas. Gestión del tiempo para mortales", de Oliver Burkeman. . E, cando acabes, "Microexperimentos. El poder de probar, fallar y aprender en un mundo que exige certezas", de Anne-Laure Le Cunff. Non atopo mellor xeito de comezar este setembro (e se o que te propuxeches foi ler máis, por un check nese novo hábito).