Pillaches un atasco cando ías ver o eclipse e non te gusta a arte abstracta?
Xoves, 27 de agosto. Son José Antonio, e isto é Conxecturas.
Hai quen, cando visita o Reina Sofía, ou CGAC outro semellente, non pode máis que expresar, en alto, por suposto, "Pero isto que é? Isto é unha tomadura de pelo? Isto o faría un neno!, etc., etc. Que diría da obra Branco sobre branco, pintada por Kazimir Malevich en 1918 e que na actualidade se expón no MOMA de NY.
Xeometría en estado puro, abstracción ao límite, onde o pintor leva ao extremo a síntese da forma e da cor iniciada polo cubismo
12 de agosto. Das 20:26 ás 20:34, asistimos, sentados en bañador na praia, ao eclipse solar. Sentimos como se ía pouco a pouco a luz e mesmo me colleu o frío. Impresionoume o silencio, e alí había moito máis de 1000 persoas. Non sabería que dicir, era "Negro sobre negro". Vivimos un momento de asombro. Ah! E ninguén berrou: pero isto que é? Que me devolvan o diñeiro!